Profesorado con talento e traxectoria
Marta Bravo
A que vos fala.
A pesar de ser titulada en Administración de Sistemas Informáticos e diplomada en Enxeñería Técnica de Informática de Xestión, non puiden obviar o forte sentimento hacia a música e a ensinanza.
Despois de estudiar canto clásico no Conservatorio Profesional do Carballiño, comecei a miña carreira como cantante e profesora de canto e abandonei o meu traballo como informática. Adoro aprender sobre a miña pasión, que é a técnica vocal, así que me apunto a tódolos cursos que podo: TVSO, Neurovoz, Trinity Rock and Pop, etc. e consulto a tódolos especialistas de voz para non deixar de aprender nunca.
Recentemente comecei a traballar como actriz de dobraxe en Iberolusa, despois de facer varios cursos relacionados. O mundo da voz é apasionante! No que se refire á miña faceta como cantante, levo desde o 2015 profesionalizándome a través de distintos proxectos.
Colaboracións puntuais
- Pedro Pastor
- La Otra
- Álvaro Ruiz
- Pablo Piñeiro
- Fran Perea
Proxectos, grupos e bandas
- Proxecto autoral conxunto con Sérgio Tannus
- Proxecto infantil Alegría, tamén de Sérgio Tannus
- Parte do equipo do grupo ourensán-madrileño De Vuelta
- Cantante da Burgas Big Band
- Substituta orgullosa na banda archicoñecida The Tetas’ Van
Sérgio Tannus
Tamén director musical na gala solidaria anual “Por Eles TEA”, músico acompañante por excelencia do alumnado e técnico de son das nosas aventuras repeniqueiras. É tarefa complicada resumir a traxectoria deste auténtico mestre brasilego. Multiintrumentista virtuoso de guitarra clásica, acústica, eléctrica, mandolina, cavaquinho, viola caipira, baixo eléctrico e percusión; compositor, arranxista, produtor e técnico de son.
Desde o Estudio Repenica non podiamos deixar pasar a oportunidade de que este xenio musical se unise ó noso equipo como peza importante.
Colaboracións
- Dulce Pontes
- Carlos Blanco
- Uxía
- Martirio
- Carmen París
- Javier Ruibal
Proxectos, grupos e discos
- Alma do equipo de creación do grupo infantil “María Fumaça”
- Proxecto infantil Alegría
- Produtor do disco “Oceanoe” da Arca da Noe
- O seu primeiro disco na Galicia, “Son Brasilego” obtivo 5 estrelas na revista World Music
- Próximamente, verá a luz o seu novo disco “SAGA (Interestelar)”
Desde o Estudio Repenica non podiamos deixar pasar a oportunidade de que este xenio musical se unise ó noso equipo como peza importante.
Diana Tarín
Esta cubana-galega chegou coma unha explosión de enerxía e sabedoría, cunha voz que non deixa indiferente a ninguén. Filla e neta de músicos de renome en Cuba, graduada en piano en Vigo, cantante de jazz e música afrocubana referente en Galicia.
Se alguén sabe como funciona un escenario, é ela. Cantante insaciable en infinitos proxectos, cun disco autoral publicado e varios discos doutros proxectos. Uniuse ó equipo do Estudio Repenica para aportar frescura e moita sabedoría musical. Imposible que pase desapercibida!
Lorena Sotelo
Tamén é directora da Aula Cantarela de Allariz, ademáis de cantante.
Formouse como cantante en diferentes escolas de música, comezou dedicándose á música profesional como vocalista do grupo Maskarpone; en etapas posteriores foi a vocalista do grupo de mulleres Timparrantela, obtendo unha nominación ós Premios Martín Códax. Recibiu clases de guitarra e ukelele do músico galego Héctor Lorenzo.
Non hai mellor persoa para tratar con peques ca ela. Cunha metodoloxía de ensinanza respectuosa e inclusiva, cautiva a tódalas nenas e nenos. Ten un innegable poder de ensinanza en idades temperás. A mellor elección!
Escolas colaboradoras
Unha das nosas principais características é o traballo en comunidade, por iso creamos actividades e accións con outras escolas de música. Neste punto atopamos a Academia Drop, que naceu ó noso lado (literalmente) coa que levamos anos organizando eventos; a Aula Cantarela de Allariz, espazo fermoso onde levamos a outra parte do noso Coro Repenica adulto; Academia A tempo de Verín, unha nova casa coa que colaboramos desde o 2024.