Música e ensinanza

Materias e oferta educativa

Formación de calidade

Mellora as túas habilidades musicais

Aquí podes atopar toda a nosa oferta educativa. Ademáis do traballo na aula, ó longo do curso desfrutamos de infinidade de actividades e concertos con música en directo, que reforzan o aprendido e xeran un sentimento de comunidade importantísimo para adquirir e asimilar habilidades musicais:

Ideal para traballar a comunicación, perfeccionando o uso da voz no traballo ou na vida diaria, evitando así as patoloxías vocais. A saúde é o primeiro!

Tanto se nunca cantaches como se xa es profesional, esta materia é a axeitada para ti. Aprenderás todo sobre a túa voz para sacarlle o máximo partido. Aprenderémosche a manexar calquera estilo musical, clásico ou moderno, así como interpretación, dinámicas de micro, escenografía, etc. De seguro te converterás en artista!

Música clásica ou moderna, harmonía, composición, acompañamento para a voz…; cantas cousas se poden facer con este instrumento tan versátil!

Cantar en grupo é das cousas máis especiais e bonitas do mundo. Os nosos coros caracterízanse por un repertorio alternativo, fresco e moderno. A convivencia do noso alumnado é excelente e unha referencia do que significa o traballo en grupo. Que vivan os coros!

Vive o ritmo brasileiro, africano, galego ou un bo funky con instrumentos de percusión, obxectos cotidianos ou o propio corpo. Esta divertidísima materia é apta para tódolos públicos e niveis. O único requisito é ter ganas de desfrutar!

Está é unha actividade familiar para que as nosas pequechas e pequechos absorban os múltiples beneficios da música da maneira máis divertida. No Estudio Repenica apostamos polo desenvolvemento integral de capacidades cognitivas, motoras e emocionais, a través dos xogos musicais en colaboración coas familias.

Non existe unha maneira máis eficiente de iniciarse na música, ca esta chulísima actividade. Diversión a todo color sen parar de aprender cantando, creando instrumentos, bailando, interiorizar estructuras rítmicas, etc.

Que opinan da nosa escola?

Estudio Repenica · Ourense

Súmate a comunidade Repenica

Na que cada nota conta a vosa historia
Suscríbete a unha lista de correo diferente na que queremos amosarvos as actividades, convivencia e novidades da nosa escola de música en Ourense.
Ir al contenido