Estudio Repenica · Ourense

Accesibilidade

Conformes ao noso compromiso social, Estudio Repenica aposta por favorecer a accesibilidade do noso sitio a todas as persoas, independentemente da súa condición física ou intelectual. Por iso, o portal do grupo deseñouse seguindo as Pautas Internacionais de Accesibilidade para o Contido Web WCAG 2.1 do Consorcio para a Word Wide Web (W3C) no seu nivel AA (Dobre-A):

  • Algúns compoñentes que se utilizan para indicar visualmente elementos seleccionados (pestanas seleccionadas, páxina seleccionada en paxinacións etc.)/ etc.) cando se navega utilizando alto contraste, só se visualizan no navegador Edge (se se navega utilizando alto contraste en Chrome e Firefox non se visualiza debido a características específicas dos compoñentes e estes navegadores).
  • De forma moi puntual, prodúcense solapamentos dalgúns contidos ao aumentar o tamaño do texto ao 200%

Medidas adoptadas

Separación de contido e presentación

  • Utilízanse follas de estilo (CSS) para presentar a información e código HTML para unha estruturación válida de contidos. Os elementos visuais do sitio web como a tipografía, a cor e fondo defínense nas follas de estilos para que se poida axustar o contido con base nas súas preferencias.

Aumento e diminución do tamaño do texto

O tamaño de letra definiuse en unidades relativas para que se poida ampliar ou diminuír o seu tamaño desde as opcións do navegador ou mediante a opción «Accesibilidade» dispoñible na web, que permite, entre outras:

  • Aumentar texto
  • Diminuír texto
  • Escala de grises
  • Alto contraste
  • Contraste negativo
  • Fondo claro
  • Subliñar enlaces
  • Fonte lexible
  • Restablecer as preferencias
  • Visitar o mapa do sitio

Xerarquización do contido

  • A arquitectura de contidos definiuse seguindo as pautas do W3C, ofrecendo sempre o marcado adecuado para cada tipo de contido.
  • O usuario poderá ler perfectamente a información cun lector de pantalla. Baixo este obxectivo, definíronse, mediante o código HTML, os encabezados de sección, as listas e todos os elementos que axudan á comprensión xeral do sitio web.

Contraste

  • Baseándonos na imaxe corporativa de Estudio Repenica, definíronse e contrastáronse a tipografía e as cores utilizadas deste portal, asegurando que a información se presenta de modo claro con independencia das devanditas condicións.
  • O sitio web está deseñado para que os usuarios poidan realizar unha navegación en alto contraste que permite distinguir os menús, ligazóns, imaxes e contido xeral.
  • Grazas ao botón «Accesibilidade» podemos mellorar o contraste en elementos non textuais.

Funcionalidade e navegación accesible mediante o teclado

  • O sitio é accesible e funcional a través de teclado do computador, mediante o uso do tabulador é posible posicionarse en calquera elemento presente nas distintas páxinas.
  • O usuario poderá situarse en elemento seleccionado e facendo «Enter» no seu teclado poderá realizar a mesma acción que se fixese clic co botón esquerdo do rato.

Ligazóns

  • A maioría das ligazóns configuráronse con base no seu destino, facilitando ao usuario os mecanismos precisos que favorezan a información e a boa navegabilidade a través do sitio web.

Formularios

  • Os campos do formulario de contacto e de emprego deseñáronse de forma que a navegabilidade a través dos campos siga sempre unha orde lóxica de tabulación.
  • Dispuxéronse as etiquetas pertinentes que faciliten a comprensión dos datos..

Visualización dos contidos en distintos tipos de navegadores

  • Se o usuario entra no sitio web a través dun navegador que non soporta CSS, o marcado utilizado permite unha correcta visualización de todos os contidos.

Tecnoloxías utilizadas no desenvolvemento web

  • Cumprimento das normas de accesibilidade do WCAG (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA). Pautas de Contido Accesible en Web 2.1.
  • A presentación baséase na Recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada, versión CSS3.
  • Empregamos o estándar recomendado en emprego de código HTML5, beneficiándonos das novas actualizacións que inclúe esta versión, tales como unha etiquetaxe máis semántica, sintaxe flexible, novas etiquetas que facilitan a comprensión de formularios.

Excepcións

Para o caso dos formularios, incluídos na sección de contacto, utilízase a tecnoloxía ReCaptcha (Google Inc.) para previr calquera problema futuro de «spam» que puidese darse. Pero neste caso, hai un erro co «textarea» que se está utilizando e ao cal non temos acceso ao ser un provedor de terceiros. Erro que se utilizaría definindo o «aria-labelledby» pertinente.

Observacións e datos de contacto

Se viches algún contido deste portal que non sexa accesible, ou ben che xurda algunha pregunta ou suxestión no relativo á accesibilidade, non dubides en contactar connosco, estaremos agradecidos de poder ofrecer unha boa experiencia de accesibilidade no noso sitio

Ir al contenido