A familia repenica

Profesorado con talento e traxectoria

Marta Bravo

directora, profe de canto e profe de coro

A que vos fala.

A pesar de ser titulada en Administración de Sistemas Informáticos e diplomada en Enxeñería Técnica de Informática de Xestión, non puiden obviar o forte sentimento hacia a música e a ensinanza.

Despois de estudiar canto clásico no Conservatorio Profesional do Carballiño, comecei a miña carreira como cantante e profesora de canto e abandonei o meu traballo como informática. Adoro aprender sobre a miña pasión, que é a técnica vocal, así que me apunto a tódolos cursos que podo: TVSO, Neurovoz, Trinity Rock and Pop, etc. e consulto a tódolos especialistas de voz para non deixar de aprender nunca.

Recentemente comecei a traballar como actriz de dobraxe en Iberolusa, despois de facer varios cursos relacionados. O mundo da voz é apasionante! No que se refire á miña faceta como cantante, levo desde o 2015 profesionalizándome a través de distintos proxectos.

Estudio Repenica

Colaboracións puntuais

Proxectos, grupos e bandas

Estudio Repenica

Sérgio Tannus

profe de percu, técnico de son e músico acompañante

Tamén director musical na gala solidaria anual “Por Eles TEA”, músico acompañante por excelencia do alumnado e técnico de son das nosas aventuras repeniqueiras. É tarefa complicada resumir a traxectoria deste auténtico mestre brasilego. Multiintrumentista virtuoso de guitarra clásica, acústica, eléctrica, mandolina, cavaquinho, viola caipira, baixo eléctrico e percusión; compositor, arranxista, produtor e técnico de son.

Desde o Estudio Repenica non podiamos deixar pasar a oportunidade de que este xenio musical se unise ó noso equipo como peza importante.

Colaboracións

Proxectos, grupos e discos

Desde o Estudio Repenica non podiamos deixar pasar a oportunidade de que este xenio musical se unise ó noso equipo como peza importante.

Diana Tarín

Profe de canto, de piano e coro xuvenil

Esta cubana-galega chegou coma unha explosión de enerxía e sabedoría, cunha voz que non deixa indiferente a ninguén. Filla e neta de músicos de renome en Cuba, graduada en piano en Vigo, cantante de jazz e música afrocubana referente en Galicia.

Se alguén sabe como funciona un escenario, é ela. Cantante insaciable en infinitos proxectos, cun disco autoral publicado e varios discos doutros proxectos. Uniuse ó equipo do Estudio Repenica para aportar frescura e moita sabedoría musical. Imposible que pase desapercibida!

Estudio Repenica
Estudio Repenica

Lorena Sotelo

Profe de Música e Movemento

Tamén é directora da Aula Cantarela de Allariz, ademáis de cantante.

Formouse como cantante en diferentes escolas de música, comezou dedicándose á música profesional como vocalista do grupo Maskarpone; en etapas posteriores foi a vocalista do grupo de mulleres Timparrantela, obtendo unha nominación ós Premios Martín Códax. Recibiu clases de guitarra e ukelele do músico galego Héctor Lorenzo.

Non hai mellor persoa para tratar con peques ca ela. Cunha metodoloxía de ensinanza respectuosa e inclusiva, cautiva a tódalas nenas e nenos. Ten un innegable poder de ensinanza en idades temperás. A mellor elección!

Escolas colaboradoras

Traballo en comunidade

Unha das nosas principais características é o traballo en comunidade, por iso creamos actividades e accións con outras escolas de música. Neste punto atopamos a Academia Drop, que naceu ó noso lado (literalmente) coa que levamos anos organizando eventos; a Aula Cantarela de Allariz, espazo fermoso onde levamos a outra parte do noso Coro Repenica adulto; Academia A tempo de Verín, unha nova casa coa que colaboramos desde o 2024.

Ir al contenido