Materias e oferta educativa
Formación de calidade
Aquí podes atopar toda a nosa oferta educativa. Ademáis do traballo na aula, ó longo do curso desfrutamos de infinidade de actividades e concertos con música en directo, que reforzan o aprendido e xeran un sentimento de comunidade importantísimo para adquirir e asimilar habilidades musicais:
Ideal para traballar a comunicación, perfeccionando o uso da voz no traballo ou na vida diaria, evitando así as patoloxías vocais. A saúde é o primeiro!
Tanto se nunca cantaches como se xa es profesional, esta materia é a axeitada para ti. Aprenderás todo sobre a túa voz para sacarlle o máximo partido. Aprenderémosche a manexar calquera estilo musical, clásico ou moderno, así como interpretación, dinámicas de micro, escenografía, etc. De seguro te converterás en artista!
Música clásica ou moderna, harmonía, composición, acompañamento para a voz…; cantas cousas se poden facer con este instrumento tan versátil!
Cantar en grupo é das cousas máis especiais e bonitas do mundo. Os nosos coros caracterízanse por un repertorio alternativo, fresco e moderno. A convivencia do noso alumnado é excelente e unha referencia do que significa o traballo en grupo. Que vivan os coros!
Vive o ritmo brasileiro, africano, galego ou un bo funky con instrumentos de percusión, obxectos cotidianos ou o propio corpo. Esta divertidísima materia é apta para tódolos públicos e niveis. O único requisito é ter ganas de desfrutar!
Está é unha actividade familiar para que as nosas pequechas e pequechos absorban os múltiples beneficios da música da maneira máis divertida. No Estudio Repenica apostamos polo desenvolvemento integral de capacidades cognitivas, motoras e emocionais, a través dos xogos musicais en colaboración coas familias.
Non existe unha maneira máis eficiente de iniciarse na música, ca esta chulísima actividade. Diversión a todo color sen parar de aprender cantando, creando instrumentos, bailando, interiorizar estructuras rítmicas, etc.
